O Concello de Nigrán e as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do municipio gardaron este mediodía un minuto de silencio na entrada da casa consistorial en homenaxe á compañeira de O Porriño falecida onte ao ser agredida mentras traballaba. Tras o minuto de silencio, unha voceira das traballadoras reclamou un protocolo inmediato de seguridade para tratar de evitar que se repita un caso similar.