O Concello de Nigrán ofrece este luns o espectáculo para a primeira infancia ‘Meco e Sono’

adminON
Lectura mínima de 1

Dirixido a crianzas de 0 a 3 anos combina o conto e a creación sonora en directo

O Concello de Nigrán ofrece este luns 23 de decembro dentro da súa programación especial de Nadal o espectáculo ‘Meco e Sono’ ás 17:30 horas no Auditorio Municipal, unha peza de teatro de bonecos e creación sonora. Quen dixo que os bebés non podían participar da festa? Xarope Tulú une a experiencia en escea xunto á dramaturxia e ao son e a voz en directo da escritora e xornalista radiofónica Xiana Arias para deleitar aos máis cativos. O resultado é unha sensorial, coidada e novidosa proposta para crianzas de 0 a 3 anos. O obxectivo desta proposta da Secretaría Xeral de Política Lingüística é acompañar as familias na crianza agarimosa en galego.

Comparte este artigo