O concello de Nigrán ofrece este mércores na Biblioteca o Contacontos de Raquél Queizás ‘O Xogo de Nano’

adminON
Lectura mínima de 1

Trátase dunha narración oral de 30 minutos dirixida a crianzas de 0 a 3 anos

O Concello de Nigrán retoma o programa ‘Ler conta moito’ este mércores 25 de setembro ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal co contacontos dirixido á primeira infancia ‘O xogo de Nano’, a cargo de Raquel Queizás. Ten unha duración de 30 minutos e está pensado para crianzas de 0 a 3 anos. Non é preciso inscrición previa e a entrada é de balde ata completarse o aforo.

Nano recibe unha visita moi especial o día do seu aniversario. Está todo preparado: a torta, as candeas, os globos. Só faltan os amigos, a que xogarán? Ao rematar terá que se bañar e descubrirá o divertido que é coñecer as partes do seu corpo ao ritmo da música.

O seguinte contacontos de ‘Ler conta moito’ na Biblioteca Municipal de Nigrán será ‘Na túa man’ o mércores 23 de outubro ás 18:00 horas tamén con Raquel Queizás.

Comparte este artigo