O concello de Nigrán ofrece este sábado a obra de teatro ‘Unha rosa é unha rosa’ da compañía de Moaña Charaviscas

adminON
Lectura mínima de 1

Substitúe a ‘Apocalipse Nau’ de Atlántida de Matamá, que anulou a actuación por motivos persoais

O Concello de Nigrán continúa este sábado 26 de outubro o ‘Outono de Teatro’ coa traxicomedia ‘Unha rosa é unha rosa’ da compañía de Moaña Charaviscas ás 20:00 horas no Auditorio Municipal. Esta representación substitúe a ‘Apocalipse Nau’ de Atlántida de Matamá, que anulou a actuación por motivos persoais. A entrada é de balde ata completar aforo.

Trátase dunha adaptación da obra de Suso de Toro dirixida a todos os públicos. Todo xira o redor do reparto dunha herdanza. A morte da tía Rosa en estrañas circunstancias desencadeará nunha divertidísima trama de enredo, parodia da ambición desmedida da sociedade.

Comparte este artigo