Trátase dun drama dirixido a un público adulto e que trata desta doenza
O Concello de Nigrán continúa este sábado 2 de novembro co ‘Outono de Teatro’ coa obra ‘Vivir con Huntington’ da compañía viguesa ‘O Trasno’ (SVCD Nautilus de Comesaña) ás 20:00 horas no Auditorio Municipal. Trátase dun drama de 50 minutos dirixido a un público adulto e dirixido por Xaime Costas. A entrada é de balde ata completarse o aforo.
A enfermidade de Huntington é herdable e provoca o desgaste dalgunhas células nerviosas do cerebro . Non a coñeces. Sabes de outras semellantes, pero desta non. É unha máis, que pode asustar, pero coñecela, saber das súas características, pode axudar moito a que desapareza. Acompáñanos nesta viaxe e, o que aprendas, espállao….

