O Concello de Nigrán ofrece este sábado 5 de xullo ás 20:30 horas no Auditorio Municipal o ‘XXI Festival de Habaneras e Boleros’ a cargo da Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán como anfitriona do evento e Atlántida de Matamá como invitada desta edición. A entrada é de balde ata completar aforo.