O Concello de Nigrán ofrece este sábado 22 de xuño ás 21:30 horas na Alameda de A Ramallosa o concerto da banda local ‘Five Roosters’. O grupo está formado por Bruno Figueras na voz, Berto Misa na guitarra e Fran Sánchez no baixo,sumándose para a ocasión Diego Pacheco na guitarra e Nando Abril na batería.

