Forma parte do programa ‘Paseando Nigrán’
O Concello de Nigrán ofrece este sábado 23 de marzo desde as 10:00 horas un roteiro gratuíto polos murais da artista Lula Goce no municipio, unha saída encadrada no programa de paseos saudabeis iniciado no 2022 polo Concello e que consiste en camiñatas guiadas de dificultade baixa por lugares da localidade cun especial atractivo cultural ou natural. Os interesados deben inscribirse a través do mail oficinaturismo@nigran.org . Para resolver dúbidas ou máis cuestións: oficinaturismo@nigran.org / 699 859 418

