O Concello de Nigrán ofrece este verán un obradoiro de pintura interxeneracional entre o 24 e o 28 de xuño

adminON
Lectura mínima de 1

A pintora e ilustradora Laine Villero impartirá a actividade, dirixida a que persoas maiores e cativos realicen conxuntamente cadanseu lenzo. O prazo de inscrición está aberto no 649182287

O Concello de Nigrán ofrece este verán un obradoiro de pintura interxeneracional dirixido a que maiores e cativos compartan o seu tempo de lecer e aprendan conxuntamente. Esta actividade, que xa se estreou con gran éxito no Nadal, volverá a estar dirixida pola pintora e ilustradora Laine Villero, celebrándose do 24 ao 28 de xuño de 10:00 a 12:00 horas no Local Social de Vilaméan con un máximo de 16 persoas cada día. Os  interesados en participar deben inscribirse previamente no 649182287 indicando o día elixido e o nome dos integrantes que se apuntan (o único requerimento é que sexa mínimo unha persoa maior, xubilada, con un ou varios cativos ao seu cargo). Durante dúas horas cada un dos grupos inscritos pintará conxuntamente o seu propio lenzo, todo de xeito gratuíto, xa que os materiais están incluídos.
“O verán e o momento de compartir experiencias diferentes avós e netos sen importar a idade, así que animamos a que a xente se inscriba”, sinala o alcalde, Juan González.

Comparte este artigo