Home Pontevedra Deza A Xunta define a nave de Medio Rural en Botos, no concello...

A Xunta define a nave de Medio Rural en Botos, no concello de Lalín, como unha instalación estratéxica para a prevención e extinción de incendios forestais

- Anuncio -
  • O conselleiro salientou que se atopan nunha localización estratéxica, xunto á entrada da autopista e a autovía autonómica de conexión con Ourense e o resto da provincia
  • A edificación conta un taller mecánico centralizado para vehículos como todoterreos e motobombas e tamén incluíu a construción dun semisótano para destinalo a almacén loxístico
  • As actuacións realizadas están enmarcadas no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, que ten como fin mellorar o servizo público que presta a Administración no medio rural

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e polo alcalde de Lalín, José Crespo, realizou unha visita técnica á nave propiedade desta dirección no concello pontevedrés de Lalín, que vén de rematar as súas obras de reacondicionamento.

O conselleiro salientou a importancia dunhas instalacións destas características, que contribúen a previr incendios forestais e facilitar a súa extinción. Ademais, atópanse nunha localización estratéxica, xunto á entrada da autopista e a autovía autonómica de conexión con Ourense e o resto da provincia.

Nesta edificación sitúase un taller mecánico centralizado para vehículos como todoterreos e motobombas para parte do parque móbil da Dirección Xeral de Defensa do Monte. A reforma tamén incluíu a construción dun semisótano para destinalo a almacén loxístico, co fin de dar resposta ás necesidades internas do equipo, que precisaba novos espazos de almacenamento, arquivo e talleres que presten servizo ao operativo de extinción de incendios que traballa na contorna.

Nos terreos onde se localiza a nave principal reformouse unha edificación para poder empregala como punto de encontro para as brigadas do Distrito Forestal XVI Deza-Tabeirós. Tamén se configura como unha instalación para facer funcións de centro operativo de reunión e agarda de expedicións de bombeiros forestais e persoal nos desprazamentos de media distancia a incendios, así como base para os postos de mando avanzado.

Cabe sinalar que estas actuacións están enmarcadas no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, que ten como fin mellorar o servizo público que presta a Administración no medio rural.

Relacionadas

Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega durante a Ponte da Constitución

0
A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou...

Black Friday mosense, solidario con Valencia

0
Os 34 microondas comprados por asociacións, empresas e particulares xa chegaron a destino e se atopan dando servizo ao pobo valencián afectado pola Dana A...

A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase á maxia...

0
O Teatro Municipal e o novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela serán os seus escenarios os días 11, 17, 18 e 19...

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa...

0
A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co...

Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia...

O segundo mercado aberto de comercio local, Queda en Mos, arranca o venres co...

0
Ata 19 negocios mosenses estarán co seu producto do 6 ao 8 de decembro no Pazo de MosMúsica, actividades en familia, obradoiros e artesanía...

Publicacións Relacionadas