O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de verán, ofrece este xoves 24 de xullo ás 20:00 horas na zona do mercado multicultural de Praia América o concerto de ‘Tony´s Piano’, un dúo de voz (Toño López) e piano (Monano) que transforma grandes cancións do pop e o soul en versións íntimas e sofisticadas, a fusión perfecta entre a emoción dunha voz soul con carácter e a sutileza dun piano que debuxa harmonías con liberdade jazzística, dando tamén cabida á bossanova.
Cunha sólida traxectoria individual, ambos os músicos únense para dar nova vida a melodías que forman parte do imaxinario colectivo, sen necesidade de replicar: fanas unha versión, as reinventan. Cancións icónicas transfórmanse en xoias acústicas que emocionan e sorprenden.
Antonio López Monano é un clásico na escena do jazz galega e a escola de Toño López, de voz potente e aguardentosa, é o Blues, o Soul e a música con alma.

