Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa
O Concello de Nigrán e o Centro Cultural Parada do Miñor ofrecen mañá, 24 de decembro, o tradicional pasarrúas de Noiteboa polo municipio. Así, a Rondalla de Santiago de Parada sairá ás 16:00 horas por Nigrán cara o Concello para o recibimento oficial e, posteriormente, ás 17:00 horas, aproximadamente, percorrerán Panxón, ás 18:00 Praia América e ás 19:00 A Ramallosa. As rondallas son formacións musicais con gran tradición en todas as Rías Baixas e particularmente na comarca do Miñor, contando o Concello de Nigrán coa de Santiago de Parada, recoñecida precisamente co ‘Premio ao Mérito cultural Nigrán 2023’.