Free Porn
xbporn
Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán ofrece mañá unha visita guiada ao bosque...

O Concello de Nigrán ofrece mañá unha visita guiada ao bosque fósil de Patos aproveitando unha baixamar de record

- Anuncio -

Será o mellor momento nos vindeiros 20 anos para poder apreciar estas árbores petrificadas que datan de entre 5.000 e 10.000 anos de antigüidade, cando o nivel do mar estaba moito máis afastado

Os interesados deben presentarse ás 11:00 horas no aparcadoiro das escolas de surf. Terá unha duración de 50 minutos e estará guiada por Antón Lois, de Amigos da Terra

O Concello de Nigrán ofrece mañá xoves 19 de setembro ás 11:00 horas unha visita guiada ao bosque fósil da praia de Patos ao rexistrarse a esta hora unha baixamar de record que permitirá a mellor observación posible dos próximos 20 anos. Estará guiada por Amigos da Terra, terá unha duración de 50 minutos, e as persoas interesadas tan só teñen que presentarse á hora mencionada no aparcadoiro das escolas de surf.

“Ímos coñecer parte da nosa historia máis descoñecida, Patos non só é unha praia espectacular, se non que conta co bosque fósil máis importante de toda a provincia de Pontevedra, con esta visita queremos observar esta praia desde outro punto de vista menos común e polo que tamén sobresae. Non podíamos deixar de aproveitar esta oportunidade que nos ofrece unha marea tan baixa”, explica o alcalde, Juan González. Así, moitas das rochas desta praia son realmente árbores petrificadas de hai entre 5.000 e 10.000 anos, cando a liña do mar estaba máis afastaba e se podía ir camiñando desde Cabo Home a Cíes. Toda esta zona estaba constituída por un bosque que, grazas á falta de oxíxeno e salinidade, permitíu que se fosilizase, polo que estas rochas teñen a simple vista apariencia de grandes troncos.

“Esta marea baixa permitirá que poidamos observar en condicións excepcionais algunhas destas árbores, non haberá un momento igual nos vindeiros 20 anos”, garante Antón Lois, educador ambiental de Amigos da Terra.

Relacionadas

A Deputación leva este sábado á Illa de Arousa unha actuación de Lontreira no...

0
O concerto financiado pola institución provincial forma parte das actividades organizadas co gallo do Festival da Mocidade e serve de peche aos concertos programados...

Luis López destaca que a primeira colaboración entre a Deputación e Fadeal levará aos...

0
O presidente provincial asina un convenio dotado con 15.000 euros coa federación para o desenvolvemento do programa “Alzheimer de Preto” O presidente da Deputación de...

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra participa na presentación do I Congreso Internacional CREA

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar na Casa das Campás na presentación do I Congreso Internacional CREA, organizado pola...

Chega ao concello de Ponteareas a iniciativa “Enredando Tour 2024” de Cruz Vermella

0
• Terá lugar este venres, entre as 10:00 e as 14:00 horas, na Praza Maior • Os obradoiros están dirixidos a persoas maiores de...

A Deputación leva este sábado ao Porriño unha actuación de Milladoiro no marco do...

0
O concerto financiado pola institución provincial forma parte das actividades organizadas co gallo das Festas do Cristo e serve de peche aos concertos programados...

Un centenar de participantes competirán esta fin de semana no Concurso Nacional de Saltos...

0
Celebrarase mañá venres, sábado e domingo nas instalacións do Club Hípico Equigalia Máis dun centenar de xinetes e amazonas daranse cita esta fin de semana...

Publicacións Relacionadas