O Concello de Nigrán ofrece o concerto da Banda de Música de Vincios con motivo das Angustias

adminON
Lectura mínima de 1

Este ano non se celebran festas ao non terse constituído ningunha comisión

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 18 de agosto o concerto da Banda de Música de Vincios no Torreiro das Angustias a continuación da Misa Maior das 12:00 horas. A parroquia de Nigrán non celebra este ano a tradicional festa ao non terse constituído ningunha comisión, polo que o Concello achega este concerto co obxectivo de que a veciñanza poida igualmente gozar da tradicional sesión vermú e confraternizar.

Comparte este artigo