A inscrición é o mércores 21 de febreiro de 9:30 a 12:30 no Pavillón de Panxón
O Concello de Nigrán ofrece un ano máis, dentro da súa programación de entroido, unha excursión de maiores á ‘XXV Festa do Lacón con Grelos’ de Cuntis, declarada de Interese Turístico de Galicia. Esta terá lugar o domingo 3 de marzo con saída ás 10:00 desde o Concello e ten un custe de 20 € que inclúe o xantar e o transporte, e as inscricións serán o mércores 21 de febreiro de 9:30 a 12:30 no Pavillón de Panxón, estándo destinada só a persoas xubiladas empadroados en Nigrán. Os asistentes poderán degustar este prato tan típico da gastronomía galega ao tempo que disfrutan da charanga ‘Los Támegas’, do pregón de Pepo Suevos, da Agrupación Municipal de Música e Baile, exposicións, xogos… Unha xornada onde cultura e gastronomía van da man.

