HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece un obradoiro de percusión africana o sábado...

O concello de Nigrán ofrece un obradoiro de percusión africana o sábado 17 de xuño

- Anuncio -spot_img

Ten un custe de 15 € e é preciso inscribirse previamente no teléfono 615914161 ou no correo latexopercusion@gmail.com

O Concello de Nigrán ofrece a través da Escola de Música Municipal un obradoiro de percusión africana impartido por Andrés Rivero o vindeiro 17 de xuño.
O curso, de tres horas de duración e dirixido a todas as idades, será unha introdución á técnica, linguaxe e ritmos do djembé, instrumento de percusión da costa oeste africana. A organización facilitará os materiais necesarios para a realización do mesmo, polo que non é preciso ter instrumentos nin experiencia para desfrutar da experiencia.

Publicacións Relacionadas