A banda con raíz nigranesa continua así a xira do seu disco ‘Mundoloco’, na que mestura hip-hop, funk e rock
O Concello de Nigrán pecha este domingo 1 de xuño ás 12:30 horas a proposta cultural ‘Vermú de barrio’ co concerto de ‘Cubo Metálico’ na renovada Praza da Biblioteca. Esta iniciativa cultural conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través do ‘Plan + Provincia’.
A banda con raíz nigranesa continua así a xira do seu disco ‘Mundoloco’, na que mestura hip-hop, funk e rock para servir unha refrescante dose de powerfunk. Red Hot Chili Peppers e Rage Against the Machine, matizados co enfoque máis festivo dun Jamiroquai, son referencias inevitables ao escoitalos. Cun disco moi ben elaborado e producido leváronlles a ser nomeados no Maketon Maeloc dos 40 Principales a mellor disco no 2023. No seu directo potente e divertido interactúan co público, facendo do concerto unha auténtica experiencia.