HomeVigoMosAprobada a licitación da senda peonil en Dornelas

Aprobada a licitación da senda peonil en Dornelas

- Anuncio -spot_img

O Concello de Mos aprobou hoxe na súa Xunta de Goberno local a licitación das obras da nova senda peonil en Dornelas, un proxecto que permitirá mellorar a seguridade viaria e a mobilidade peonil nun dos principais eixes de circulación do municipio.

A actuación, cun orzamento base de licitación de 701.556,68 euros (IVE incluído), conta cunha achega da liña 1 do Plan “Máis Provincia” da Deputación de Pontevedra e contempla a execución da senda entre o IES de Mos e ASO.DI.FI.SI., atravesando as parroquias de Petelos, Dornelas e Torroso.

O proxecto completará en forma de anel a senda xa existente entre o Edificio Multiusos das Pozas e ASO.DI.FI.SI., sumando 1.800 metros novos aos 1.370 metros actuais, o que permitirá dispor dun itinerario circular de 3.170 metros de lonxitude.

As obras realizaranse na Estrada das Pozas, Camiño de Pedreira, Camiño do Porselo e Rúa da Gándara, ampliando a capa de rodadura e construíndo unha senda específica para peóns de ata 8 metros de ancho total, en consonancia co previsto no PXOM vixente.

Esta intervención supón un paso fundamental para resolver as limitacións físicas destas rúas, mellorar o fluxo do tráfico e garantir a seguridade, especialmente nos momentos de entrada e saída do alumnado aos centros educativos das Pozas.

Publicacións Relacionadas