O alcalde e o propio autor do libro, Álvaro Bonet, divulgaron cunha presentación no Centro Galego e unha visita institucional ao COAM a obra do célebre arquitecto no municipio coincidindo cos actos na capital polo 150 aniversario do seu nacemento.
“En Nigrán queremos unirnos a Madrid á hora de reivindicar a Palacios. Aínda que non temos tantas construcións del, o certo é que o Templo Votivo é un fito na súa obra relixiosa”, sinalou.
O Concello de Nigrán sumouse esta semana en Madrid ao ‘Ano Antonio Palacios’ polo seu 150 aniversario protagonizando un acto no Centro Galego e outro no Colexio de Arquitectos sobre o legado do célebre arquitecto porriñés no municipio. O obxectivo non foi outro que divulgar a obra de Nigrán do que se pode considerar o artífice dos edificios máis emblemáticos da capital, como poden ser o Palacios de Comunicaciones, o Círculo de Bellas Artes, o Instituto Cervantes… “Palacios é a Madrid o que Gaudí a Barcelona; pero tamén ten moita obra fora, coa gran sorte de que en Nigrán contamos coa súa construción relixiosa máis importante, o Templo Votivo de Panxón, e un chalé da súa autoría. Moita xente de fora de Galicia que admira a Palacios o descoñece e nos interesa especialmente achegarnos a ese turismo de calidade”, explica o acalde, Juan González, feito que corroboran no Colexio de Arquitectos de Madrid, onde manteñen aberta ata o 9 de febreiro unha gran exposición que versa precisamente sobre as súas construcións fora da capital.
Con esta premisa, o xoves foi presentado na entidade sede dos galegos na diáspora que, precisamente, Palacious presidíu, o libro ‘Le mando los planos’, escrito polo arquitecto Álvaro Bonet a través da editorial Engaiolarte e encargado polo Concello na súa versión en galego. O autor estivo acompñado polo alcalde de Nigrán, Juan González, aproveitando ademais a súa presenza en FITUR; e Lola Vázquez Villabeitia, do equipo de Cultura do CGM. Ante unha trintena de asistentes, entre elas a sobrina-neta de Palacios, Carmen Gloria Álvarez Vázquez (de 90 anos e única familiar que o coñeceu en vida) Bonet adentrouse na propia historia do Templo Votivo de Panxón; o chalé de Sileno en Praia América e os seus debuxos sobre a igrexa de Santiago de Parada, as súas tres improntas no municipio.
“Temos a sorte de contar en Nigrán cunha das obras máis fermosas da arquitectura do século XX en Galicia e, sen dúbida, a obra relixiosa máis representativa de Palacios, o Templo Votivo, por iso estamos aquí, para divulgalo e invitar aos madrileños a coñecelo”, sinalou González. “Palacios pueder ser un elemento más de dinamización de Nigrán porque fuera de Galicia no es tan conocido el Templo Votivo, siendo una obra maestra en muchos sentidos y que necesita ser rehabilitada”, engadíu Bonet, quen describíu a un Palacios meticuloso, “capaz de facer marabillosas obras grandilocuentes como este Templo pero tamén recollidas como o chalé do Sileno en Praia América”. Asimismo, destacou o seu empeño en preservar o arco visigótico da antiga igrexa de Panxón ao punto de regalar o seu proxecto do Templo a cambio de que se conservase ese arco. Bonet da testemuña tamén no libro do interese de Palacios no Románico cuns debuxos da súa autoría sobre a igrexa de Santiago de Parada que titula ‘Estudio Arqueológico’.
Igualmente, o alcalde de Nigrán e Álvaro Bonet reuníronse onte no Colexios de Arquitectos de Madrid co seu vicedecano, Pablo Olalquiaga, o presidente da Fundacón COAM, Miguel Lasso, e a arquitecta Dolores Muñoz, para coñecer da súa man a exposición temporal nesta sede sobre a obra de Palacios externa a Madrid e entre a que figuran planos do Templo Votivo e unha imaxe. “El turismo arquitectónico está en auge y es un turismo de calidad, Palacios es un reclamo en este sentido”, consideró Olalquiga. Asimismo, o rexedor achegoulles varios exemplares do libro do Concello ‘El Legado de Palacios en Nigrán’ e iniciou os contactos para traer parte da mostra ao municipio. Na visita, González firmou no Libro de Honra do COAM e coñeceu libros de actas orixinais asinados por Palacios.

