HomePontevedraRecta final das obras de humanización do Camiño de Santiago ao seu...

Recta final das obras de humanización do Camiño de Santiago ao seu paso por Arcade

- Anuncio -spot_img

Dende o 17 ao 23 de novembro a rúa Rosalía de Castro estará pechada o tráfico, soamente poderán acceder a rúa servizos , residentes e usuarios e usuarias de aparcamentos nesta rúa.

As obras de humanización do Camiño de Santiago ao seu paso por Arcade entran xa na súa recta final.

Dende o Goberno Local informaron nesta xornada que, co fin de finalizar estes traballos a rúa Rosalía de Castro, en Arcade, permanecerá pechada ao tráfico a vindeira semana, dende o 17 ata o 23 de novembro. De tal xeito que, soamente poderán acceder a rúa servizos, residentes e usuarios e usuarias de aparcamentos nesta rúa.

Dende o Goberno Local informan de que o tránsito para dirixirse a Pontevedra dende o centro de Arcade deberá facerse, con carácter xeral, pola Feira.

Outro dos aspectos que queren deixar claros dende o Goberno é que a saída do parking do supermercado desta rúa estará pechada ao tráfico, o que significa que a entrada e saída para este establecemento faranse, ambas, pola entrada actual.

Debido ao corte de tráfico, durante a vindeira semana, tamén haberá modificacións nas paradas do autobús, á do Chuco (Rosalía de Castro) trasladarase ao Muxica e a do Corse (avenida Xosé Solla) trasladarase ao Cruce de Pierres.

Uns traballos que entran na súa recta final cun investimento de 750.000 euros, dos cales a metade corresponden a fondos propios municipais e a outra metade a unha subvención do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia acadada polo Goberno local. Do total investido, case 150.000 euros irán destinados a renovar a rede de sumidoiros e a protexer a ría de verteduras nunha zona de especial incidencia.

Dende o Goberno Local quixeron nesta xornada agradecer a colaboración e comprensión da veciñanza e dos establecementos comerciais.

Publicacións Relacionadas