HomeVigoNigránO concello de Nigrán recibirá aos peregrinos na Ramallosa cunha escultura na...

O concello de Nigrán recibirá aos peregrinos na Ramallosa cunha escultura na súa homenaxe

- Anuncio -spot_img

A peza, de 2’3 metros de alto e realizada en bronce, será obra do célebre escultor José Molares e representa a unha peregrina facendo o Camiño

“Está é tamén unha oportunidade máis de embelecer o municipio da man dun artista nigranés de fama mundial, como foi o caso da muralista baionesa Lula Goce na Ramallosa.”, sinala o rexedor, Juan González

O Concello de Nigrán presumirá desde setembro do Camiño Portugués pola Costa cunha gran escultura na rotonda da Ramallosa en homenaxe aos peregrinos. A peza, cun investimento de 77.000 € a cargo das baixas que lle corresponden a Nigrán dentro do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra, foi encargada ao célebre escultor José Molares, afincado precisamente na Ramallosa e autor de obras tan coñecidas como a adicada a Julio Verne en Vigo. A figura representa a unha peregrina en plena travesía e será materializada en bronce cunhas medidas de 2,30 metros de alto por 1,30 metros de ancho e 1 metros de fondo.

A idea partíu da Asociación de Empresarios Ovalmi, quen concretamente lle propuxo a idea ao Concello dunha escultura que promovese o Camiño de Santiago na súa entrada en Nigrán e que fose da man de José Molares, artista de fama internacional e veciño do municipio desde hai décadas. “Está é tamén unha oportunidade máis de embelecer o municipio da man dun artista nigranés de fama mundial, como foi o caso da muralista baionesa Lula Goce na Ramallosa (autora de ‘A Dona do Esteiro’, segundo mellor mural do mundo do ano 2023). Encantounos a idea e encantounos o boceto, así que eliximos a ubicación que Molares considerou como a máis axeitada para a peza: a rotonda da Ramallosa, un cruce de camiños moi transitado e que coincide co inicio da peregrinaxe no municipio”, explica o alcalde, Juan González, quen tivo a oportunidade de coñecer o molde que se empregará para a reproducción a bronce.

O Concello totalmente consciente de que o Camiño Portugués pola Costa atrae cada vez a máis estranxeiros ao municipio., batendo records ano a ano e con máis de 36.000 peregrinos desde este 2025, polo que desexa aproveitar ao máximo este potencial. Por esta razón, na mesma liña de facer que se sintan especialmente cómodos e ben tratados, o Concello agasalla aos peregrinos coas chuches inclusivas de Minimelis, manufacturadas en Nigrán, e ademais, financiou a principios de ano formación a traballadores de hostalaría no manexo de inglés básico e a creación dunha web dirixida exclusivamente a eles: www.caminonigran.com .

“Todas estas iniciativas contribúen a construír unha imaxe amable e hospitalaria de Nigrán, que é o que queremos que transmitan a súa volta a casa”, sinala o rexedor.

Publicacións Relacionadas