O escritor, veciño de Nigrán, era moi querido no municipio tras exercer durante décadas como profesor no CPI Arquitecto Palacios de Panxón
O Concello de Nigrán traslada o seu pesar polo falecemento onte do insigne escritor Alfonso Álvarez Cáccamo, veciño do municipio e mestre durante décadas no CPI Arquitecto Palacios de Panxón. O Concello de Nigrán desexa enviar as súas condolencias e o seu pesar á familia, compañeiros e achegados de quen foi unha persoa moi querida e coñecida no municipio por ter dado clases a diferentes xeracións de nigraneses.

