- O Concello de Ponteareas organiza un taller gratuíto de xestión emocional e sexualidade
O Concello de Ponteareas organiza un taller gratuíto de xestión emocional e sexualidade para as/os adolescentes e a mocidade, con respostas sinceras, doadas de entender, veraces e claras. Explica o concelleiro de Xuventude, Cristian Montes, que o obxectivo é ofrecer unha ferramenta preventiva, educativa e formativa que prepare aos adolescentes para vivir a súa sexualidade de forma segura, libre e responsable. Ao taller tamén poden asistir as nais, pais ou adultos responsables da educación dos menores.
Moitos adolescentes obteñen información sobre sexualidade a través de internet ou redes sociais o que pode levar a ideas erróneas ou mitos, para evitar isto o obradoiro de sexualidade ofrece información precisa sobre anatomía, reprodución, anticonceptivos e enfermidades de transmisión sexual (ETS) así como coñecemento sobre os cambios físicos e emocionais da puberdade.
Esta iniciativa pioneira na Comarca, abordará de forma integral e respetuosa, temas cruciais coma a saúde menstrual, diversidade Lgtbi+, anticonceptivos, cambios corporais, enfermidades ITS, relacións sas e xestión emocional entre outros temas.
Este taller intensivo deseñado para a xuventude do Condado de Ponteareas terá lugar do 25 agosto ao 5 setembro (de luns a venres) en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Dez días de dinámicas de aprendizaxe, actividades prácticas, talleres interactivos, scape room e espazos de diálogos seguros, engade Cristian Montes.
Accesibles para todos os públicos
O concello de Ponteareas continua sumando esforzos para acadar unha sociedade en igualdade e a sesión dedicada a menstruación e anticonceptivos, contará con dúas intérpretes da lingua signos española, facilitando a participación da comunidade xorda.
“A nosa meta é facer accesibles as actividades e servizos, a inclusión é un piar para este goberno ao igual que ofrecer á cidadanía recursos sen ter que saír da súa vila. Educación baseada en información veraz e científica para axudar a tomar as decisión máis axeitadas é o obxectivo”, sinala a alcaldesa Nava Castro ao tempo que felicita ao concelleiro de Xuventude e ao seu equipo polo traballo realizado dende o seu departamento.
A inscrición para este obradoiro gratuíto e de prazas limitadas xa está aberta e pode facerse enviando un mail a voluntariado@ponteareas.gal ou a ponteactiva@outlook.es
Tamén se pode solicitar información ou inscribirse no número de teléfono 622697927
Engade o edil de Xuventude que estes espazos axudan a que as mozas e mozos reflexionen sobre os seus valores persoais, aprendan a establecer límites e dicir “non” se non desexan ter relacións sexuais coñezan os seus dereitos sexuais e reprodutivos e aprendan habilidades para a vida. Con esta iniciativa tamén se pretende evitar os embarazos indesexados e establecer relación saudables a través da mellora da autoestima, a aceptación do propio corpo e a construción dunha identidade sexual positiva.

