HomePontevedraAnabel Gulías e a veciñanza da Parda reúnese para organizar A pé...

Anabel Gulías e a veciñanza da Parda reúnese para organizar A pé de rúa, o mercado Segundo Premio

- Anuncio -spot_img

A edil de Promoción Económica, Anabel Gulías, destacou a boa acollida da iniciativa A Pé de rúa con 30 persoas inscritas para a primeira xornada do sábado, 15 de novembro

É posíbel consultar toda a información a través da web do Concello https://pontevedra.gal/2025/10/21/oconcello-de-pontevedra presenta-segundo-premio-o-mercadode-venda-e-troco-que-inicia-ennovembro-no-gorgullon-e-a-parda/

A Concellaría de Promoción Económica, que dirixe Anabel Gulías, retoma o vindeiro 15 de novembro a iniciativa A pé de rúa: o mercado de troco e venda Segundo Premio, cuxa intención é que se celebre en distintos puntos de Pontevedra os sábados en horario de 11.00 a 16.00.

A edil Anabel Gulías reuniuse onte pola tarde coa veciñanza e coas persoas emprendedoras no Centro Leste para organizar a primeira xornada. O obxectivo destas reunións é responder persoalmente a todas as dúbidas das asociacións veciñais e empresariais, e manter un contacto directo para organizar estas xornadas que queren fomentar o emprego dos espazos públicos dos barrios.

A concelleira destacou a boa acollida que tivo ata o momento a iniciativa, pois xa conta con 30 as persoas inscritas, as prazas cubertas e lista de agarda.

Baixo o lema “O que menos contamina é o que non tiras”, particulares, asociacións e comercios especializados en segunda man poderanse reunir nos barrios da Parda e O Gorgullón para realizar un mercado tanto de troco como de venda de segunda man que inclúe xoguetes, bicicletas, mobiliario, roupa e outros artigos en bo estado. Ademais, as dúas citas estarán acompañadas de obradoiros para crianzas e ambiente para acompañar a festa durante a sesión vermú.

Pola súa banda, o 29 de novembro está prevista unha nova entrega do mercado de troco e venda no Gorgullón, antes da cal a concelleira ten previsto manter unha reunión coa veciñanza e máis cos emprendementos interesados que aínda está por convocar. Para esta nova entrega hai xa 24 persoas inscritas.
As inscricións para a primeira xornada están completas, pero para inscribirse e solicitar máis información de cara ás próximas datas, é posíbel anotarse fornecendo os datos persoais a través do enderezo electrónico apederua@gmail.com.

Publicacións Relacionadas