Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O Condado O concello de Ponteareas recibe unha subvención para que 10 persoas de...

O concello de Ponteareas recibe unha subvención para que 10 persoas de entre 18 e 30 anos participen no Programa Xuventude Mentoring na empresa

- Anuncio -

• A través deste programa, realizarán estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia


• O prazo de presentación das solicitudes será entre o luns 21 e o venres 25 de outubro, ambos incluídos

O Concello de Ponteareas é beneficiario dunha subvención para participar no programa Xuventude Mentoring na Empresa, impulsado pola Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa da FSE+Galicia 2021-2027.

A través deste programa, dez persoas de entre 18 e 30 anos poderán realizar estadías formativas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia. Ofertaranse así 10 prazas en total (unha das cales se outorgará preferentemente a unha persoa que acredite unha discapacidade igual ou superior ao 33%) e distribuiranse nos seguintes sectores estratéxicos: oito prazas serán en empresas vinculadas ao sector das tecnoloxías da información e da comunicación, unha praza será nunha empresa vinculada ao sector téxtil/moda e unha vinculada ao sector madeira/forestal.

A finalidade do programa é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX), non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo.

As persoas participantes percibirán unha bolsa de formación cun importe de 661,50€ mensuais, incrementada en 100€ en caso de persoas con discapacidade, e outros 100€ para desprazamentos cando a estadía non sexa no concello de residencia do participante.

Ademais recibirán unha formación complementaria, de 40 horas lectivas e apoio e titorización durante a duración das estadías. As horas formativas nas entidades ou empresas nas que se realizan as estadías terán unha duración de 150 horas mensuais cinco días laborais por semana.

Para participar neste programa, as persoas participantes deben cumprir os seguintes requisitos: ter entre 18 e 30 anos; estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano; e estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

As persoas interesadas en participar no programa Xuventude Mentoring na Empresa poden presentar as súas solicitudes entre o luns 21 e o venres 25 de outubro (ambos incluídos), preferentemente por vía electrónica na sede electrónica do Concello de Ponteareas, a través de instancia xeral. Tamén poderán presentarse a través do Rexistro Xeral do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI
  • Certificado de empadroamento actual (no caso de que no último ano a persoa variase o seu empadroamento, debe aportar todos os certificados para acreditar que está empadroada na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano).
  • Certificado de estar inscrito/a e ser beneficiario/a do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil da persoa participante. O certificado debe estar actualizado no prazo de presentación de solicitudes.
  • No caso de optar á praza reservada para persoas con discapacidade, certificado de discapacidade.
    As persoas solicitantes tamén poden optar por autorizar a consulta destes datos ás Administracións Públicas, cubrindo o anexo que se adxunta ao final da convocatoria. As persoas interesadas poden consultar as bases da convocatoria ao completo no seguinte enlace https://ponteareas.sedelectronica.gal/preview-document.6

Para resolver calquera dúbida, pódese acudir ao Centro de Dinamización Empresarial (situado na Praza Maior, nº 13) en horario de 09:00 a 14:00 horas, escribindo un correo a centroemprendemento@ponteareas.gal ou chamando ao 986 640 000.

Relacionadas

Os concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade organizan conxuntamente o “II Trail do Cervo”...

0
Realizarase en colaboración coa Asociación O Eido do Cervo sobre dous trazados: un de 34 quilómetros, á Conla e outro de 18, ao Maneses. Os...

Xornada formativa sobre a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica

0
Terá lugar mañá mércores día 23 ás 12:00 horas no auditorio municipal O Concello de Covelo informa da xornada informativa sobre Enfermidade Hermorráxica Epizoótica (EHE)...

O Museo Manuel Torres renova o sistema para colgar as obras e mellorar a...

0
A inversión, que ascendeu a 10.000 euros, procedeu dunha subvención da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades O Concello de Marín solicitou unha...

O Concello traballa en atopar financiación para os proxectos de saneamento e abastecemento de...

0
Entre ambas actuacións, precísase unha inversión de 1 millón de euros para dotar a 34 vivendas destes servizos básicos. Desde o Concello, aseguran que...

Sesión formativa gratuíta enmarcada no proxecto Alzheimer de Preto

0
O Concello de Mondariz informa que o venres 25 de outubro, de 16-20h., AFAMO (Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer do Morrazo) vai...

Luis López anuncia unha suba do 40%, ata os 350.000€, das axudas a confrarías...

0
O presidente provincial adianta este acordo nun encontro coa Federación Provincial de Confrarías para asinar convenio de colaboración para a prevención de riscos laborais O...

Publicacións Relacionadas