O concello de Nigrán celebra a súa mesa local do comercio acordando as principais accións para este ano

Redacción
Lectura mínima de 1

Entre os principais acordos figura a contratación dun proxecto de dinamización, a ratificación de celebrar o ‘Beach Market’ todas as fins de semana do verán ou a feira Portobelo coincidindo co ‘Flota como Poidas’

O Concello de Nigrán celebrou a súa ‘Mesa Local de Comercio’ ordinaria con acordo para as principais accións a desenvolver neste ano 2026. Á reunión acudiron representantes da Asociación de Empresarios Ovalmi, alcalde e concelleiros, faltando os representantes da Xunta.

Na xuntanza resolveuse contratar un proxecto de cara á dinamización do pequeno comercio, a celebración da Feira de Oportunidades ‘Portobelo’ o domingo 2 de agosto e coincidindo co ‘Flota como Poidas’ ou a celebración dos habituais ‘Beach Market’ de verán en Gaifar todas as fins de semana de xullo e agosto.

Comparte este artigo