Home Pontevedra O Concello de Redondela lembra a obriga de manter as fincas limpas...

O Concello de Redondela lembra a obriga de manter as fincas limpas e os animais desparasitados para previr picaduras de insectos

- Anuncio -

– Redondela pon en marcha unha campaña de información para previr o risco das mordeduras de carrachas. Lembra aos donos de fincas que deben mantelas limpas, e aos propietarios de animais de compañía que teñen a obriga de mantelos en bo estado de saúde.

– Os protocolos de actuación do Sergas e o Ministerio de Sanidade distribuiranse nos centros de ensino, centros de día, asociación e outros colectivos.

– Para minimizar os riscos de proliferación do mosquito tigre é importante retirar do exterior todos os obxectos que poidan acumular auga (pratos de testos, cinceiros, cubos, xoguetes) ou darlles a volta para evitar que se enchan con auga de choiva.

Coa chegada do bo tempo proliferan os insectos, e desde a concellería de Sanidade e Medio Ambiente de Redondela lembran a importancia de cumprir coa normativa vixente para evitar picaduras que poidan supoñer un perigo para a saúde. “A picadura dunha carracha pode transmitir varias enfermidades graves”, explica a concelleira Pilar Martínez, por iso o Concello está a alertar á poboación e fai recomendacións sobre como protexerse ante unha mordedura. As carrachas poden habitar parques, xardíns e bosques e morder tanto aos seres humanos como aos animais de compañía, polo que hai que lembrar aos propietarios de fincas “que deben mantelas limpas”. Para evitar riscos Pilar Martínez sinala que é importante acudir a estes espazos con pantalóns longos e botas para evitar o risco de mordedura. Unha vez na casa, e especialmente no caso de nenos e nenas, a concelleira recomenda “revisar a roupa e tamén a pel e a cabeza para asegurarnos de que non hai ningún parásito”. No caso dos propietarios de cans e gatos, suxírese estar atentos a calquera molestia que poidan manifestar ao volver da rúa, especialmente se estiveron en contacto con céspede e arbustos. A concelleira advirte ademais que é obriga dos propietarios manter en bo estado aos animais “tanto pola propia saúde das mascotas como por saúde pública, xa que cans e gatos poden transmitir enfermidades e parásitos ás persoas”. Desde a Policía Local levarase a cabo un control dos animais, e os propietarios poden ser requiridos para comprobar que cans e gatos están rexistrados, vacinados e coa desparasitación correcta”, advirte Martínez.

No caso de detectar algunha carracha, hai retirala da pel inmediatamente “pero é moi importante seguir as indicacións dos expertos para evitar que parte do insecto quede dentro da pel”. Para retiralas hai que tirar delas cunhas pinzas ou cunha ferramenta deseñada para este efecto. É necesario usar pinzas de punta fina para agarrar a carracha tan preto da superficie da pel como sexa posible, sen facer presión sobre o corpo da carracha. Logo, tirar cara a arriba cunha presión uniforme e constante, sen esmagar o insecto nin torcelo, “xa que isto pode provocar que se rompan partes da boca e que queden na pel”. Despois de retirar a carracha, limpar ben a área da picadura e as mans con alcohol ou con auga e xabón. No caso de que aparezan síntomas como vultos na pel, febre, dor de cabeza, vómitos ou dores musculares é preciso consultar a un médico. Estes protocolos de actuación do Sergas e o Ministerio de Sanidade distribuiranse nos centros de ensino, centros de día, asociación e outros colectivos.

Controis para evitar a proliferación do mosquito tigre

O Concello lanza unha serie de recomendacións para evitar a proliferación do mosquito tigre: un insecto pequeno de entre 5 e 7 milímetros, cor negra, con raias brancas no abdome e patas. Desde o departamento de Sanidade e Medio Ambiente informan que se activa en época de calor, e que pode transmitir enfermidades virais como o dengue, zika, ou febre amarela. Para minimizar os riscos é importante retirar do exterior todos os obxectos que poidan acumular auga (pratos de testos, cinceiros, cubos, xoguetes) ou darlles a volta para evitar que se enchan con auga de choiva. É necesario seguir estas indicacións en a patios, xardíns, parcelas ou terrazas. O mosquito tigre ten gran capacidade de reproducirse na contorna urbana. Un 80% das zonas de cría están en vivendas. A femia pon os ovos en lugares que, aínda que estean secos, son susceptibles de encharcarse ou en calquera pequeno recipiente que conteña auga. A edil lembra que a día de hoxe a presenza deste insecto na comarca non é preocupante porque os exemplares detectados son poucos, pero que “o mellor remedio é previr que se reproduza”. Por ese motivo traslada este aviso a cidadanía, unha advertencia que está xa presente nos cemiterios municipais para que se teña en conta esta medida de prevención que busca beneficiar á veciñanza.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Publicacións Relacionadas