Dentro do proxecto “+Emprega nos Concellos” da Deputación de Pontevedra, o Concello de Redondela abre un proceso de selección para cubrir os postos de Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas, Técnico/a Superior en Xestión Forestal e Técnico/a Superior en Administración. Trátase de contratos en réxime laboral temporal dirixidos a mozas e mozos desempregados da provincia como unha primeira experiencia profesional. O contrato formativo será dun período máximo dun ano. A preselección das persoas traballadoras que reúnan os requisitos realizarase a través da presentación da oferta de emprego nas oficinas públicas de emprego de Galicia. As bases da convocatoria poden consultarse na sede electrónica do Concello de Redondela.