HomePontevedraO CondadoO concello de Salvaterra de Miño e Dramiño levan as noites de...

O concello de Salvaterra de Miño e Dramiño levan as noites de teatro ás parroquias

- Anuncio -spot_img

O Verán Cultural de Salvaterra de Miño comeza este vindeiro 21 de xullo coa xira “Dramiño D’Ronda” a cargo do grupo de teatro Dramiño que neste 2025 percorrerá 8 das 17 parroquias da vila de Salvaterra de Miño levando o seu espectáculo “Noites de Teatro” por todas elas.

Un espectáculo que promete unha hora de diversión e moitas risas, e que non deixará indiferente a ninguén. Nun formato de microteatros ou monólogos, Dramiño achega o seu traballo as distintas casas culturais con claro fin: “Levar a cultura do teatro por todo o noso concello”. Dramiño promete programación diversa entre parroquias veciñas para que se o público desfruta o espectáculo poida voltar a facelo cunha proposta distinta noutra data da xira.

Uma, Lira, Leirado, Corzáns, Fornelos, Arantei, Alxén e Cabreira son as parroquias polas que rondará Dramiño este verán, con promesa de pasar polas restantes no Verán Cultural 2026.

Publicacións Relacionadas