O obradoiro levarase a cabo durante o mes de abril e maio no Salón de Plenos Casa do Concello.
O Concello de Salvaterra de Miño que ven de organizar o seminario de autoproteción feminina durante o mes de marzo, continúa coa programación de actividades para mulleres dentro das accións planificadas pola Concellería de Igualdade e enmarcadas na subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.
Nesta ocasión presenta un obradoiro de autonomía e autocoidado dirixido a mulleres no cal o obxectivo é aumentar o benestar integral, a educación en saúde e fortalecemento da autonomía persoal a través do obradoiro e a intelixencia emocional con formación, exercicios e dinámicas.
O obradoiro ten uns obxectivos xerais de promover o benestar integral a través do autocoñecemento corporal, a educación en saúde e o fortalecemento da autonomía persoal como ferramenta de prevención de violencia de xénero.
Estará baseado en 4 sesións as cales son:
Sesión 1: Exercicios e saúde. Conexión co corpo e benestar.
Sesión 2: Hábitos saudables autocoidado.
Sesión 3: So pélvico e coñecemeto corporal
Sesión 4: Sexualidade, autoestima e relacións saudables.
O curso que se levará a cabo os sábados 18, 25 de abril e 16 e 23 do mes de maio en horario de 10:00 a 12:00 horas no Salón de Plenos Casa do Concello é gratuíto.
Para apuntarse aquelas mulleres interesadas poderán facelo no correo animacion@concellodesalvaterra.org ou ben no teléfono 617 18 91 67.

