Home Pontevedra Baixo Miño O Concello de Tui avanza na constitución dunha Mesa Local de Coordinación...

O Concello de Tui avanza na constitución dunha Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero

- Anuncio -

Os martes 19 e 26 deste mes desenvolverase unha formación para axentes locais

O Concello de Tui avanza, con paso firme, na constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. Esta é unha iniciativa clave para fortalecer a colaboración entre axentes locais na loita contra a violencia de xénero.

Con este obxectivo nas próximas dúas semanas desenvolverase un programa formativo no que participarán os diferentes axentes que interveñen na loita contra a violencia machista e na promoción da igualdade na nosa contorna para fomentar a colaboración entre eles. Así na formación prevista están convidados a participar a alcaldía, xunto ás concelleiras e concelleiros e persoal técnica dos departamentos de Igualdade, Servizos Sociais, Persoal, Deporte, Ensino, Comunicación, así como representantes da Policía Local, Garda Civil, Centro de Saúde, CIM’s da Guarda, O Porriño e Gondomar. Tamén foron convidadas as direccións e os departamentos de orientación dos centros educativos tudenses.

Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero será un foro destinado a promover o traballo conxunto e á creación de políticas efectivas en prol da igualdade e contra a violencia machista.

Persoal técnico especializado na formación das Mesas Locais de Coordinación Interinstitucional Contra a Violencia de Xénero, promovidas pola Dirección Xeral de loita contra a violencia de xénero, será o encargado de impartir esta formación que busca capacitar ás persoas participantes nas habilidades necesarias para a organización e dinamización das Mesas Locais. Deste xeito perséguese garantir un funcionamento eficiente e unha toma de decisións efectiva. As sesións están dirixidas a mellorar a coordinación entre os axentes implicados, identificar e superar obstáculos comúns e establecer alianzas estratéxicas na prevención da violencia de xénero.

A formación celebrarase os martes 19 e 26 de novembro, cun total de 8 horas lectivas, abordando aspectos fundamentais para o traballo da Mesa Local. Así por unha banda incidirase na optimización da eficiencia en asembleas e reunións para unha toma de decisións áxil e inclusiva. Por outra parte traballarase na identificación de barreiras e lóxicas de traballo que inflúen no funcionamento da Mesa Local. Tamén se abordarán as estratexias para fomentar a participación activa de todas as persoas implicadas, crearanse alianzas con axentes e entidades locais para desenvolver políticas de prevención, e desenvolveranse competencias de liderado democrático e transformador, incluíndo habilidades en comunicación, mediación, resolución de conflitos, entre outras.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a “vangarda” do Centro de Procesado Avícola de Coren e a...

0
O presidente da Deputación visitou as instalacións do Centro de Procesado Avícola, en Santa Cruz de Arrabaldo, onde traballan máis dun millar de empregados Menor...

A Xunta pon en marcha o novo polo de Vilanova de Arousa, consolidando con...

0
― José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos...

O Concello de Baiona celebra o seu magosto popular

0
A zona vella de Baiona acollerá este sábado 16 de novembro de 2024, un tradicional magosto popular. O evento terá lugar na carpa instalada...

Escape Room “Rexeita os malos tratos” no IES Primeiro de Marzo

0
Mais de 200 alumnos e alumnas do IES Primeiro de Marzo participan esta semana na actividade Escape Room educativo “Rexeita os malos tratos”, organizada...

Alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe a unha nova proxección do programa O...

0
A través do cine traballarán na importancia do deporte, a inclusión, as redes sociais, a discapacidade intelectual e os videoxogos O cinema coma ferramenta educativa...

Sindy Takanashi e Diana López conversarán en Marín sobre ciberacoso, violencia sexual e machismo...

0
O coloquio feminista entre a creadora de contidos e a xornalista será o 21 de novembro ás 19.30 horas no Museo Torres e forma...

Publicacións Relacionadas