A Deputación de Pontevedra ven de concederlle ao Concello do Grove unha subvención de 174.608,15€ a través do Plan +Provincia para a activación do emprego. Subvención destinada para a contratación de 18 persoas desempregadas inscritas no Servicio Público de Emprego,de Galicia,
As persoas contratadas veñen a reforzar os servizos municipais para execución de diversas obras e servizos de recuperación de zonas degradas, traballos limpeza, mobiliario urbano, mellora no servizos administrativos e culturais . Tanto na zona urbana como rural. O obxectivo é ter preparados os recursos municipais para o verán nun concello turístico como é O Grove.
As 18 persoas corresponden a 5 peóns de obras públicas, 3 peóns de limpeza, 2 peóns de xardinería, 2 condutores de camión, 4 auxiliares administrativos, 1 animador sociocultural e 1 axudante de museo. Todos os contratos terán unha duración de 6 meses a xornada completa.
As ofertas tramitaranse a través da oficina de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.