O Concello e o sector audiovisual galego achegan posturas para a definición do programa de actividades dos Premios Feroz

adminON
Lectura mínima de 1

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado pola concelleira de Promoción da  Cidade, Anabel Gulías, e polo concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez Xunqueira, mantiveron esta mañá  nunha nova reunión informativa que se suma ás que se viñeron celebrando con sectores estratéxicos para  anunciar a escolla da cidade como sede das dúas vindeiras edicións dos Premios Feroz (2025-2026). 

O sector audiovisual galego foi convocado nesta ocasión a un encontro no que participaron destacados  membros da Academia Galega do Audiovisual, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) e  o Clúster Audiovisual Galego.  

Miguel Anxo Fernández Lores expresou a súa satisfacción polo frutífero diálogo mantido: « É unha honra que  Pontevedra sexa a sede dos Premios Feroz. Esta reunión foi fundamental para afianzar a colaboración coas  principais entidades do sector audiovisual galego. Xuntos lograremos que esta edición sexa inesquecible e  un verdadeiro impulso para a industria galega e para colocar a Pontevedra como unha cidade creativa, aberta  e de vangarda ».

Comparte este artigo