Home O Morrazo Marín O Concello estrea unha canle de WhatsApp para facilitar aínda máis a...

O Concello estrea unha canle de WhatsApp para facilitar aínda máis a comunicación coa veciñanza

- Anuncio -

Este novo medio de transmisión actualizarase con novas de interese xeral, eventos da axenda cultural, avisos, alertas… Está pensado para toda a cidadanía, pero especialmente para aquelas persoas “que non teñen redes sociais e que nos demandan este servizo”, explicou a alcaldesa, María Ramallo.

A comunicación coa veciñanza, tanto no que respecta á participación cidadá como na capacidade de facer chegar a toda a cidadanía as novas e eventos que se desenvolven na vila, é fundamental.
Nese sentido, as redes sociais cambiaron radicalmente esta conversación fluída entre a veciñanza e a Administración local, pero hai unha realidade detectada nos últimos tempos: “Somos conscientes de que a comunicación dixital é clave e hai que alimentala, pero non todas as persoas usan redes sociais e sinten que ás veces non se enteran a tempo de eventos ou avisos que volcamos por esa vía”, explica a alcaldesa, María Ramallo.
Sen embargo, “a día de hoxe en prácticamente todos os estratos de idade, desde a xente moza á xente maior, teñen teléfono móbil e utilizan o WhatsApp na súa vida diaria”. Por iso, habilítase desde hoxe unha Canle de WhatsApp, “para que a través dela poidan enterarse cunha mensaxe que lles chega directamente ao seu teléfono”.
É importante aclarar que non se trata dun espazo para chatear nin para comunicarse co Concello, xa que non é o obxectivo da iniciativa. Trátase dunha canle unidireccional, na que ademais están protexidos os datos de todas as persoas que deciden seguir a canle, xa que non se comparten os contactos co

resto de seguidores, como si acontece nos grupos de WhatsApp. “Para poder comunicarse co Concello, seguimos tendo as formas habituais: a través do rexistro físico e do teléfono, da sede electrónica e da web (en ambas temos apartados de Queixas, avisos e suxerencias) e polas propias redes sociais, que si permiten esta interacción”.
Como seguir a canle
Para poder ser seguidor da canle, é abondo con premer nunha ligazón que estará dispoñible a través da web do Concello e nos distintos soportes de cartelaría que se colocarán pola vila, con QR escaneable.
Unha vez se preme na ligazón, hai que premer en “Seguir” e despois activar as notificacións premendo na campaíña, de tal xeito que ao noso teléfono cheguen as novidades que se vaian colgando.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas