Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Marín O Concello inclúe a creación dun novo paso de peóns en Concepción...

O Concello inclúe a creación dun novo paso de peóns en Concepción Arenal

- Anuncio -

Aproveitando a mellora da urbanización desta zona que se está a executar, dotouse ao tramo que vai da Rotonda das Anclas ao cruce con Vidal Pazos deste novo paso peonil elevado, que mellorará a seguridade viaria

A Rúa Concepción Arenal, no seu tramo que vai da Rotonda das Anclas ao cruce con Vidal Pazos, ganará un novo paso de peóns elevado. Tal e como informou esta mañá o Concello, decidiuse aproveitar as obras de mellora e humanización desta arteria para engadir este novo paso peonil, xa que en toda esa zona non existía.
Ao ser pedido con posterioridade, ocasionou que se tivera que refacer ese tramo de baldosas para incorporar o pavimento direccional inclusivo que o habilita.
A mellora da seguridade viaria, tanto no calmado do tráfico rodado como na protección das persoas que camiñan, é o obxectivo fundamental das obras que se están desenvolvendo e que agora están chegando á súa recta final.
Ao longo dos pasados meses, executouse a ampliación das beirarrúas para cumprir coa actual normativa de accesibilidade e seguridade, “algo imprescindible, sobre todo nunha zona tan céntrica e chea de servizos como é Concepción Arenal, onde hai centros educativos, paradas de autobús, farmacia, hostalaría, supermercados…”.
Agora, os traballos continuarán co formigonado das zonas adicadas ao estacionamento (tanto no tramo entre a rotonda e Vidal Pazos como entre Méndez Núñez e A Estrada), colocación das xardineairas nos cruces, coa colocación da sinalización vertical e horizontal e a creación dos pasos elevados naqueles lugares onde haberá calmado de tráfico para reducir a siniestralidade. Ademais, colocaranse reforzos lumínicos nos pasos peonís.

Relacionadas

Luis López destaca un esforzo de máis de 900.000 euros da Deputación para mellorar...

0
O presidente provincial visita o concello da Cañiza para inaugurar o campo de fútbol, no que a Deputación investiu 630.000 euros para financiar unha...

Calendario de actividades para o fomento da lectura de setembro-outubro de 2024

0
TALLERES DE CREACIÓN LITERARIA e VI CONCURSO DE CONTO CURTO PAZOS DE BORBÉN Hai uns días comezouse a programar as actividades de outono-inverno coa...

Luciano Otero asegura que o próximo mércores pode quedar desbloqueada a firma do convenio...

0
• Alternativa Veciñal, co alcalde Luciano Otero á cabeza, asinará o convenio sempre e cando sexa ratificado por todos os membros da corporación, incluíndo...

A Festa da Lamprea: arraigo, historia, tradición e cultura dunha vila

0
A resolución asinada o 16 de xaneiro de 2023, na cal se acordaba conceder o Titulo de Festa de Interés Turístico Internacional á Festa...

Tomiño aposta pola vida activa da súa veciñanza cunha axenda de actividades saudables

0
Baixo o nome de Impacto saudable, o Concello pon en marcha un programa para fomentar o deporte a todas as idades A primeira cita será...

Tui da a benvida ao outono cunha programación de teatro e música de calidade...

0
Seis espectáculos conforman a nova temporada no teatro tudense O próximo venres 4 de outubro comeza unha nova temporada de programación no Teatro Municipal de...

Publicacións Relacionadas