O Concello de Baiona informa de que a Deputación de Pontevedra vai proceder á modificación da sinalización de STOP no curce do barrio de O Cruceiro en Baredo. Vaise realizar o pintado da nova sinalización na EP-2203 dando prioridade de circulación á estrada principal, polo que a partir de agora terán que realizar a parada obrigatoria de STOP os vehículos que veñan desde a estrada de Faro Silleiro. Sumado a isto, en colaboración coa concellería de Vías e Obras, está a realizarse unha mellora na accesibilidade da estrada desde o barrio de Ou Cruciero ata o da Cachada consistente o a canalización da cuneta co obxectivo de facer máis ancha a estrada da parroquia de Baredo.

