Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Marín O Concello instala unha marquesiña en Dr. Otero Ulloa para as persoas...

O Concello instala unha marquesiña en Dr. Otero Ulloa para as persoas usuarias do transporte público

- Anuncio -

A orientación da marquesiña responde a cuestións de seguridade e accesibilidade, ademais de evitar molladuras e incomodidades nos días de mal tempo

O concelleiro de Rural, Pablo Novas, informou esta mañá da colocación dunha nova marquesiña para dotar de maior seguridade e comodidade ás persoas usuarias do transporte público na parroquia de Seixo.

A marquesiña colocouse aproximadamente a 50 metros da altura á que se atopaba a parada de autobús, na PO-551. Esta nova ubicación foi consensuada coa Axencia Galega de Infraestruturas e a empresa adxudicataria do servizo.

Tal e como explicou Novas, “aínda que a súa colocación, á inversa do habitual, chamou a atención, non se trata nin dun error nin dunha ocorrencia, senón que ten unha explicación técnica clara”. Foron os propios servizos técnicos municipais os que propuxeron que a marquesiña se colocase de costas á estrada polos seguintes motivos.
Por unha banda, explica o concelleiro, colocouse así por razóns de accesibilidade. “Ao colocar este elemento de mobiliario urbano, que antes non o había, o ancho da beirarrúa queda máis comprometido e non podería pasar por aí unha persoa en cadeira de rodas, un andador ou un carriño de bebé, por exemplo”. Colocándoa desta maneira, presérvase ese espazo e non hai atrancos.

Por outra, “e quizáis a razón máis importante”, é a da seguridade viaria. “Se neste caso poñemos a marquesiña como é habital, o espazo é tan reducido entre a zona na que agardan os peóns e a estrada que poden producirse despistes ou situacións de perigo, especialmente se pensamos nos máis pequenos ou na xente con algunha dificultade. Por iso, neste caso optamos por esta solución que, por certo, non é nova nin innovadora, xa que hai casos noutros concellos e lugares de Galicia e tamén no estranxeiro por razóns similares”.

Finalmente, hai unha razón climatolóxica. “Nesta zona, cando hai temporal con chuvia e vento é imposible non mollarse incluso estando a resgardo dentro da marquesiña. Con esta orientación, sen embargo, isto evítase e gáñase en comodidade, porque a ninguén lle gusta agardar ao autobús e mollarse”.

Novas asegura que esta medida ten por obxectivo mellorar a experiencia das persoas usuarias do transporte público, “que son moitas nesta vía de comunicación” e afirma que desde o Concello estase traballando en optimizar e tratar de fortalecer este servizo esencial para fomentar os traslados entre o casco urbano e as parroquias.

Relacionadas

O Museo do Mar organiza unha nova edición da súa homenaxe ás mulleres e...

0
A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, presentou xunto coa directiva da asociación este evento, que será este domingo e contará cun recoñecemento pola mañá...

O Concello informa dun corte puntual da auga en Jaime Janer o luns 23...

0
Será entre as 09.00 e as 13.00 horas e ten que ver coas obras de saneamento, que supoñen a renovación do colector do río...

10 anos, récord de participación e dúas olímpicas: a Masterclass de Agarimo que encherá...

0
A alcaldesa, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, recibiron esta mañá no Concello aos directivos do club marinense e ás...

Un total de 650 persoas participarán na Terceira Anadaina concello de Campo Lameiro que...

0
Levarase a cabo sobre un percorrido longo de 24 quilómetros, outro 14 Kms. e un pequeno de 8 Kms. Un total de 650 persoas formalizaron...

A Eurocidade Cerveira Tomiño súmase por primeira vez á Semana Europea do Deporte

0
Baixo o lema #BeActive promoverá a actividade física con accións dirixidas a todos os públicos do 23 ao 29 de setembro A Eurocidade Cerveira-Tomiño prepárase...

O Consello da Cultura Galega celebra en Tui a sexta edición do ciclo de...

0
O ciclo de cinema Mulleres, Patrimonios, Sociedade, promovido pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG), recala en Tui...

Publicacións Relacionadas