Home Vigo Nigrán O Consello de Participación Infantil e Xuvenil do Concello de Nigrán pide...

O Consello de Participación Infantil e Xuvenil do Concello de Nigrán pide no Parlamento Galego que a clase política adapte a súa axenda ás crianzas

- Anuncio -

Un ano máis, unha representación deste órgano do Concello de Nigrán intervíu no XII Foro de Participación Infantil que conmemora o 20-N, Día Mundial da Infancia

Referímonos a que os espazos de reunión deben estar adaptados a nós, teñen que vir de vez en cando e o formato debe axustarse ás nosas idades”, explicou Galit Mroz, rapaza que actuóu como voceira de Nigrán

O Consello de Participación Infantil e Xuvenil do Concello de Nigrán acudíu un ano máis ao Parlamento Galego no marco do XII Foro de Participación Infantil que lidera Unicef e que reuníu a rapazada de toda a Comunidade. Unha representación do Concello composta por unha decena de nenos e nenas voluntarios estivo en Santiago acompañada polo alcalde, Juan González, e as concelleiras de Educación, Igualdade, Servizos Sociais e Cultura, Estela Pérez, Patricia Diego, Bibiana Peixoto e Roberto Garrido. Este ano, Unicef pon o foco da súa campaña polo 20-N , Día Mundial da Infancia, no dereito á participación infantil e adolescente, e por iso os representantes de Nigrán adicaron o discurso a este tema, apelando a responsabilidade política neste asunto.

“A participación tamén debe ser amigable. Referimonos a que os espazos das reunións deben estar adaptados a nós, os representantes políticos teñen que ir a estes espazos de vez en cando, o formato das reunións deben axustarse as nosas idades, aos nosos horarios e a linguaxe ten que ser comprensible. A participación é amigable nos vosos concellos?”, preguntou no Parlamento Galit Mroz, alumna do CEIP Carlos Casares e representante do Consello que actuou como voceira. Asimesmo, Galit recordou aos asistentes que a participación debe ser sempre voluntaria e, polo tanto, non obrigatoria, e debe ser respetuosa no sentido de “poder expresar libremente as opinións”.

“O bo funcionamento do Consello de Participación Infantil e Xuvenil, que segue a dar pasos para facer chegar as súas propostas e preocupacións ás diferentes administracións, xunto coas nosas políticas en todos os campos, agardamos que traia consigo este ano o distintivo CAI-Ciudad Amiga de la Infancia outorgado por Unicef”, explica o alcalde, Juan González, quen precisamente o vindeiro venres 22 de novembro presidirá o tradicional pleno infantil no que o goberno local toma nota de primeira man das peticións e inquedanzas da rapazada do municipio.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas