O coro Cantábile percorrerá as rúas da Guarda este sábado

adminON
Lectura mínima de 1
  • O coro fará paradas na praza de Avelino Vicente, na igrexa de San Benito e na rúa do Porto 

Este sábado 26 de xullo as rúas encheranse de novo de música, esta vez grazas ao coro Cantábile.

Este coro leva máis de 40 anos introducindo novas voces guardesas ao mundo da coral e actuando en diversos eventos da Guarda. O sábado sairán á rúa para compartir a súa música a partir das 20:00h.

O coro Cantábile percorrerá a rúa principal de Concepción Arenal facendo paradas na praza de Avelino Vicente, fronte a igrexa de San Benito e na rúa do Porto.

Comparte este artigo