O Concello de Nigrán recibe desde as 21:30 horas a grupos de Italia, Croacia e Hungría que acompañarán ao local “Tradisón” nunha gran festa da música de raíz europea
“É un pracer despedir o verán en Nigrán coa cun evento intercultural europeo que nos irmanda a través da música e do baile popular grazas ao traballo de Tradisón”, considera o alcalde, Juan González.
O Concello de Nigrán volver a ser o epicentro da interculturalidade europea este venres 12 de setembro grazas ao festival de música tradicional ‘MiñorSóns’ a partir das 21:30 no escenario ao aire libre do esteiro de A Foz. Nesta terceira edición participan os grupos P.O.E. Piccola Orchestra Eclétnica de Italia e Orkestar Misina de Croacia e Hungría. Ambos acompañarán ao local ‘Tradisón’, encargado de organizar este evento que conta co apoio do Concello de Nigrán e Gondomar e a Deputación de Pontevedra.
“É un pracer despedir o verán en Nigrán cun evento intercultural europeo que nos irmanda a través da música e do baile popular e todo grazas ao traballo de Tradisón”, valora o alcalde, Juan González.
Os asistentes a ‘MiñorSóns’ poderán escoitar ao grandísimo Piero Ricci, un dos mellores intérpretes de zampogna (gaita italiana propia dos Apeninos centro-meridionaies de Italia, concretamente do territorio de Molise, de onde é Ricci), acompañado da Piccola Orchestra Ecletnica. Por outra banda, desde Croacia, por vez primeira en Galicia, estará á Orkestar Mišina, unha formación excepcional que tamén ten a gaita como instrumento principal e que reúne músicos tanto croatas como húngaros. E, coma sempre, o anfitrión TradiSón volverá a ser a voz que une músicas e culturas, poñendo en valor a identidade dos pobos e defendendo con orgullo que a diversidade cultural é a maior riqueza dun país, polo que se debe coidar, respectar e celebrar por igual. “Regresamos coa mesma ilusión e os nervios de tocar na casa, diante da nosa xente. Temos moitas ganas de compartir o novo repertorio” sinala Xurxo ‘O Terrible’, voceiro do grupo Tradisón.

