HomeVigoNigránO goberno de Nigrán consigna investimentos por valor de 400.000 € que...

O goberno de Nigrán consigna investimentos por valor de 400.000 € que inclúen o Camiño da Pousa, a cuberta da Galiña Azul ou do Centro da Terceira Idade

- Anuncio -spot_img

O pleno servíu tamén para ratificar a prohibición de que os cans accedan ao ecosistema dunar de Praia América-Panxón

O goberno de Nigrán aprobou no pleno ordinario de onte cos votos en contra do PP e a abstención do BNG a consignación de 405.629 € para cinco investimentos: a dotación de saneamento e abastecemento no Camiño da Pousa (240.960 €); a renovación da cuberta da Galiña Azul (70.000 €), a mellora do Centro da Terceira Idade da Ramallosa (62.203 €) , a restauración do cruceiro de Parada e a reparación do muro do CEIP Carlos Casares xunto ao patio cuberto.

Máis do 50% desta consignación orzamentaria irá destinada ao Camiño da Pousa de Parada (barrio de Con) para dotalo de saneamento e abastecemento, tal e como viñan demandado os veciños desta zona, onde residen 16 familias. O proxecto prevé 241.000 € que quedaron xa consignados. A actuación vai desde a rúa do Castelo (PO-332) ata o cruce con Camiño de Valverde número 7, o que implica unha canalización de 500 metros de lonxitude en trazados rectos con pozos de rexistro que discorrerán por chan público e privado. As obras inclúen o fresado e demolición do pavimento existente, apertura de gabias, execución de arquetas de conexión, tubaxes, movemento de terras e escavación, asi como reposición de firmes e pavimentos. A maiores, o Concello consignou 70.000 € para obras na cuberta de A Galiña Azul que zanxen definitivamente os problemas de humidades que sufren, así como 62.203 € para mellorar o Centro da Terceira Idade da Ramallosa antes de adxudicar a un novo concesionario a cafetería (actualmente está sen este servizo). Finalmente, consignáronse 14.374 € para restaurar o cruceiro de Parada roto tras a borrasca Herminia do pasado mes de xaneiro e 18.090 € para reparar o desprendimento nun dos muros de contención do CEIP Carlos Casares, así como a mellora e pulido da superficie do patio cuberto.

Cans na praia

Adicionalmente, o goberno ratificou co único voto en contra do PP a prohición durante todo o ano da presenza de cans nos 27.615 m² do ecosistema dunar de Praia América-Panxón co obxectivo de protexer a nidificación de aves en perigo de extinción como a píllara e especies migratorias, tal e como esixíu á Xunta nunha alegación á ordenanza municipal ao respecto. Igualmente, máis do 80% desta superficie xa resultaba inaccesible de facto aos animais ao estar pechada perimetralmente para a súa recuperación, e agora simplemente se oficializa esta norma. “Surrealista que o PP vote en contra de algo que a propia Xunta demanda e que, entendemos, é certo que mellora a protección das dunas”, valora o alcalde, Juan González.

Publicacións Relacionadas