O goberno de Nigrán reclamara no pleno de decembro a gratuidade da autoestrada do Val Miñor

adminON
Lectura mínima de 4

GOBERNO DE NIGRÁN RECLAMARÁ NO PLENO DE DECEMBRO A GRATUIDADE DA AUTOESTRADA DO VAL MIÑOR

A estrada, titularidade da Xunta de Galicia, dispón de tramos gratuítos que circunvalan ás cidades e tramos nos que se suprimíu a peaxe, non sendo así no Val Miñor, polo que o goberno de Nigrán denuncia esta discriminación nun momento no que Rueda traballa xa no rescate doutras autoestradas e non esta

Tódolos tramos entre os tres concellos son de pago, facendo que a autoestrada non se empregue como vial alternativo, non contribúa a desconxestionar o tráfico e reste competitividade a Porto do Molle, explica o alcalde, Juan González

O goberno de Nigrán volverá a presentar este xoves unha moción plenaria demandando á Xunta de Galicia a gratuidade da AG-57, a autoestrada que conecta os tres concellos do Val Miñor e Vigo mediante peaxe. Esta vía do Val Miñor, da que o Grupo Itinere ten a concesión ata o ano 2045, ten tramos gratuítos que circunvalan ás cidades e outros que foron suprimidos, sen embargo, o do Val Miñor manténtese intacto co agravante de que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou en outubro o propósito de rescatar as autoestradas de O Salnés, O Barbanza, Ourense-Celanova e Santiago-Brión a través dun investimento de 297 millones de euros. Por este motivo, o goberno de Nigrán volve a presentar esta moción que xa levara a pleno no 2018, cando se susprimíu a peaxe de Redondela.

“Somos os grandes esquecidos, a Xunta non considera esta cuestión para o Val Miñor, é un agravio comparativo”, sinala o alcalde, Juan González, quen incide en que o feito de que tódolos tramos da AG-57 teñan un custe impide que esta funcione como a verdadeira circunvalación que precisa o Val Miñor. “A realidade é que sendo de pago non resulta un vial alternativo nin nos momentos de máxima afluencia na comarca”, resume.

O goberno de Nigrán recorda que as circunvalacións das grandes áreas de Galicia son gratis, máxime cando unen cunha gran cidade. “A supresión é algo moi necesario para o día a día dos veciños do Val Miñor, pero é que ademais, no caso de Nigrán, resta competitividade ao Parque Empresarial Porto do Molle e fai que o tráfico de mercadorías discorra habitualmente por estradas convencionais, coa perda de fluidez viaria e merma de seguridade que conleva”, sinala González, quen engade que “é a autoestrada que, de xeito máis rápido e directo, conecta o Val Miñor con servizos básicos como o Hospital Álvaro Cunqueiro, a Universidade de Vigo, o Aeroporto de Peinador ou o Parque Tecnolóxico de Valadares. “Ir ao hospital ou á Universidade non pode significar para os nosos veciños un plus de desembolso con respecto a outras áreas, son todos servizos básicos aos que se chega en escasos minutos a través da AG-57”.

En definitiva, a gratuidade da AG-57 permitiría que se empregase como verdadeira circunvalación beneficiando a toda a veciñanza da comarca, desconxestionaría o tráfico gañando ao tempo en seguridade e contribuiría á competitividade empresarial de toda a área.

Comparte este artigo