- Esta situación fai que tan que a día de hoxe, haxa veciñas e veciños que teñan que agardar un mes para ter unha cita de atención primaria.
- Unha realidade que fai que, durante máis de un terzo da xornada, o centro de saúde de Arcade quede sen ningún médico
O alcalde de Soutomaior, despois de se reunir con varios profesionais de Centro de Saúde de Arcade, sinalou non día de hoxe que a sanidade pública do municipio está nunha situación límite “na actualidade hai veciños que teñen que agardar un mes para ter unha cita de atención primaria no municipio”.
O centro de saúde de Arcade, que xa padecía unha situación de precariedade na atención sanitaria dende hai anos, con cupos superiores aos 1600 pacientes por cada médico e con recortes sistemáticos nos servizos sanitarios, de nos últimos meses un novo xiro nos recortes e a día de hoxe, despois de que non se cubrirán as xubilacións tan só conta cun médico a xornada completa.
Esta situación fai que durante máis de un terzo da xornada, o centro de saúde quede sen ningún médico, xa que entre as 8.00 e as 9.30h. e as 13:00 e as 15.00h. o centro de saúde de Arcade quede sen facultativos debido a que a Xunta non está a cubrir as baixas e xubilacións.
A situación é gravísima, denunciou o alcalde, “xa que durante esas horas xa se teñen achegados pacientes con cadros graves e non houbo médicos para atendelos. Como sigamos así pode haber unha desgracia e non podemos permitir que a nosa veciñanza estea exposta a estes riscos”.
O alcalde Manu Lourenzo sinalou que hai máis de tres anos que na Xunta se comprometeron a enviar a este centro de saúde 4 médicos pero a realidade é que “hoxe por hoxe tan só temos un a xornada completa e outra con redución de xornada. Nun concello no que precisamos 4 médicos como mínimo, temos 1 e medio e unha única enfermeira fixa”.
Unha realidade que fai que a día de hoxe, haxa veciños e veciñas que teñan que agardar un mes para ter unha cita de atención primaria. Estamos, tal e como di o alcalde, “ante unha sanidade primaria fallida e a única alternativa que se nos dá e médicos pola tarde que non poden atender nin domicilios nin urxencia”.
Manu Lourenzo tamén sinalou que “hai xa meses que se sabía que a xubilación dunha das médicas do centro de saúde se ían producir, sen que dende o Sergas se adoptase ningún tipo de medida. Hai semanas que temos solicitada unha reunión co conselleiro pero até o de agora non tivemos resposta. E vital que nos sentemos para poñer solución a esta situación antes de sexa demasiado tarde”.

