O Goberno Local Soutomaior xestionou o seu primeiro ano de mandato sen un só reparo de intervención

adminON
Lectura mínima de 2

Os reparos trátanse de advertencias de intervención e secretaría nas que se incide que unha determinada xestión ou factura non compren cos trámites legais necesarios.

O Goberno Local cumpre o seu primeiro ano de mandato sen que os habilitados nacionais, que velan polo cumprimento legal,  no interpuxesen nin un só reparo ao actual Goberno.

Manu Lourenzo sinalou con estes datos que en Soutomaior “levamos a cabo unha xestión transparente e o cumprimento da legalidade. Para nós, o cumprimento da legalidade é unha obriga ética e moral, xunto coa transparencia e a igualdade de trato a todo o mundo”.  Ao que o alcalde de Soutomaior engadiu que “este ano de Goberno  indica que a xestión municipal de Soutomaior é referencia en toda a contorna, e ademais, trátase dun mandato que ven abalado polos informes que intervención envía ao tribunal de contas”.

Cabe destacar a importancia deste dato se o comparamos cos preto de 50 reparos que o anterior Goberno do PP en Soutomaior tivo, soamente, no último ano de mandato, dende maio do 2022 ata maio do 2023.

Con estes datos sobre a mesa, segundo dixo Manu Lourenzo  “o Goberno de Soutomaior amosa que está levando a cabo unha xestión de respecto pola veciñanza e agarimo polo concello, que ademais, está a dar resultados económicos incontestables. A día de hoxe xestionamos máis dun millóns de en subvencións e pronto chegaremos ao millón e medio, e todo isto tendo moi presente a transparencia e respecto pola legalidade que hoxe abalan que en Soutomaior, dende que chegamos ao Goberno non hai ningún reparo na xestión económica”.

Comparte este artigo