O luns abre o prazo para solicitar un posto de venda no mercadiño de Palmas

adminON
Lectura mínima de 1

A Concellaría de Promoción Económica, que xestiona Anabel Gulías abre o vindeiro luns, 31 de marzo, o prazo para solicitar un posto de venda de palmas con motivo da festividade de Ramos, que será o 13 de abril.

O prazo estará aberto até o 8 de abril e a celebración do mercadiño das palmas será os días 11 e 12 de abril.

Todas as persoas interesadas deberán pasar pola oficina de Administración do Mercado sita no primeiro andar do referido Mercado Municipal para retirar a correspondente solicitude e posteriormente deberán liquidar a taxa correspondente presentando o xustificante do seu pago no rexistro do concello.

Comparte este artigo