Evolet Fernández e Alba Pintos, tamén do CEIP Mestre Martínez Alonso, finalistas
O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia celebraron este xoves o acto de entrega de premios do 8º Concurso de Debuxo Infantil “Os gardiáns sostibles na RExenerACCIÓN”, unha iniciativa educativa dirixida ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria dos catro concellos que forman parte do Consorcio: Mos, O Porriño, Salceda e Tui.
O certame busca fomentar a conciencia ambiental entre a infancia, promovendo a reflexión sobre a importancia do uso responsable da auga a través da expresión artística. Nesta edición, participaron un total de 254 nenos e nenas, dos cales 42 pertencen ao Concello de Mos.
No tocante á participación do Concello de Mos, o CEIP Mestre Martínez Alonso destacou especialmente pola calidade dos traballos presentados, acadando un primeiro premio e dúas distincións como finalistas:
Erick Dávila Barros, gañador (3º de Primaria).
Evolet Fernández Veiga, finalista (3º de Primaria).
Alba Pintos Lago, finalista (4º de Primaria).
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou a creatividade e compromiso da mocidade coa sustentabilidade, e agradeceu a implicación dos centros educativos e tamén das familias na transmisión dos valores ambientais.