O Museo do Mar impulsa o I Certame de Curtas para impulsar o amor e o compromiso co medio mariño

adminON
Lectura mínima de 2

As bases poden consultarse íntegras no Facebook do Museo.

Está dirixido a mozos e mozas e as curtas, que serán de ficción ou non, deberán ter unha duración de 15 minutos.

A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, e os representantes do Museo do Mar, así como do Diario de Pontevedra, presentaron o I Certame de Curtas de Cine do Mar, que se celebrará entre o 20 e o 26 de maio en Marín.

O concurso está dirixido a mozos e mocas que realicen as súas obras de calquera temática relacionada co mar, tendo como lema “Nostra In Mare Fortuna”, centrándose na temática do mar desde calquera perspectiva: natural, cultural…

Haberá dúas categorías: unha de novo/as creadores/as, para calquer persoa con
idade de entre os 12 e os 30 anos de idade, e a categoría de ensinanza, na que poderá participar o alumnado dos centros educativos de Marín desde Primaria ata Bacharelato, incluindo os ciclos formativos.

As obras que se presenten poden ser de calquera xénero, ficción ou non ficción,
cun máximo de 15 minutos de duración e poden presentarse tantas obras como se desxexen. Aquelas pezas nas que non se utilice a lingua galega, deberán levar subtítulos neste idioma.

As curtametraxes han de ser orixinais e propiedade dun/ha ou varios/as autores/as. No caso dos traballos colectivos, deberá indicarse o nome de todo e todas as participantes.

Comparte este artigo