Home Pontevedra O museo Meirande acolle un coloquio sobre o bote “Manuel” e a...

O museo Meirande acolle un coloquio sobre o bote “Manuel” e a cultura mariñeira

- Anuncio -

O museo de interpretación da Batalla de Rande, o Meirande, acolle este sábado un interesante coloquio ao redor do histórico bote “Manuel” e a revista Nova Ardentía. A cita é ás 19.00 horas e participarán a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, o propietario do bote Faustino Otero, a asociación Lagoa dos Bébedos e a Federación Galega da Cultura Marítima con Manuel Lara, Emilio Ínsua e Antón Mascato.
O bote “Manuel”, que desde hai un mes preside a entrada do museo, ten case un século de antigüidade e abastecía de víveres e roupa á illa de San Simón cando foi prisión e logo como orfanato. Tamén tería un papel relevante durante a II Guerra Mundial salvando a refuxiados xudeus que chegaban á ría de Vigo. Coa súa restauración por parte do Obradoiro de Emprego do Concello “poñemos en valor este importante elemento do noso patrimonio, que agora pode verse no museo como un símbolo da nosa historia”, explica Rivas. O coloquio xirará tamén ao redor do último número da revista Nova Ardentía “Oficios de escuma”, na que se abordan temas como a carpintería de ribeira, as traiñeiras, os bergantíns negreiros e a fala mariñeira, entre outros moitos temas da cultura mariñeira e fluvial.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas