O Concello de Baiona fixo entrega hoxe luns 5 de agosto, coincidindo coa celebración das festas patronais da Virxe da Anunciada, a Carabela de Ouro a Dolores Barreiro Barreiro “Lola a do Peixe” e Rafael Pereira Barreiro do Restaurante O Mosquito e a Mari Carmen Ratel López e Manuel Goce Ratel do Restaurante Naveira.
O acto, que tivo lugar ás 12:00 horas no Salón de Plenos, ten como obxectivo é recoñecer a ambos os establecementos como máximos embaixadores da hostalería baionesa, que coa súa profesionalidade no sector da restauración local, conseguiron formar parte da identidade gastronómica da Vila durante todos estes anos, pero sobre todo, en recoñecemento e gratitude por tantos anos de traballo ao servizo dos seus comensais, polo esforzo diario ao redor dunha mesa e unha boa comida, e en recoñecemento a esa cociña honesta e tradicional que cambiou do menú do día a unhas das cartas gastronómicas máis singulares da vila de Baiona.

