Home Vigo Nigrán A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo e comarca

- Anuncio -

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA

Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A Galiña Azul, Humberto Juanes ou Andersen solicitan coñecer de primeira man esta infraestrutura

A Biblioteca Municipal de Nigrán é a elixida por centros escolares de toda a comarca para que o alumnado coñeza de primeira man como funciona este servizo público e as posibilidades que ofrece. Ao longo deste mes de abril teñen pasado por ela colexios como Rosalía de Castro e Divino Salvador (Vigo) ou Galiña Azul de Nigrán, ademais de ter citas programadas en maio coa Escola Infantil As Dunas, CEIP Humberto Juanes ou Colexio Andersen (Vigo).

“É unha biblioteca moi atractiva arquitectónicamente, con premios que así o avalan, e na que ademais, ofrecemos este servizo de xeito gratuíto, así que temos unha alta demanda para coñecela”, explica o alcalde, Juan González (compre destacar que o ano pasado acudiron estudantes de Arquitectura da Universidade de A Coruña como parte da asignatura de 2º ‘Análise Arquitectónica’, que tivo como materia práctica o debuxo das plantas, os alzados ou a análise da axonometría deste espazo).

Nas visitas as crianzas son guiadas por toda a instalación por persoal especializado que se encarga de explicarlle o funcionamento da mesma (préstamos e devolucións, como facerse socios e os dereitos e obrigas que iso conleva, zona de estudo ou de consulta…). A maiores, o alumnado menor de 12 anos é agasallado sempre cunha sesión de contacontos acorde a súa idade e gusto.

Os colexios interesados en coñecela deben solicitalo previamente no 986383979 tendo en conta que dura 1 hora aproximadamente e que o número máximo é de 25 alumnos (existe a posibilidade de organizar quendas e, mentras un grupo realiza a visita, outro agarda no parque da Praza Rosalía de Castro).

O número de socios inscritos na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán é de preto de 6.000, sendo maioritariamente un público adulto (preto de 5.000 fronte a case 1.000 crianzas de 0 a 3 anos). Sen embargo, os cativos son o dobre de activos no uso habitual dos servizos da biblioteca de Nigrán que os adultos.

A Biblioteca Municipal do Concello de Nigrán foi elixida a mellor obra de nova planta en toda Galicia dos anos 2020-2021 na ‘XX edición dos Premios COAG’, promovidos polo Colexio de Arquitectos de Galicia; e no 2022 gañou o premio ibérico Technal 2022 presidido no Xurado por Carme Pinós, Premio Nacional de Arquitectura 2021.

O edificio ocupa unha parcela municipal de 443 metros cadrados e de forma trapezoidal no centro do municipio (a beira da Estrada pola Vía, na Praza de Fornes). O feito de que se trate dunha parcela con forte desnivel permite que teña dúas entradas, con accesos tanto dende o andar baixo como desde o primeiro, o que favorece unha utilización polivalente das instalacións. Desde o punto de vista urbanístico, a construción xera unha praza cuberta que se abre á praza existente e que supón unha zona previa á entrada polo andar baixo.

Na planta baixa (191 m2) disponse dunha sala de usos múltiples vinculada á praza cuberta adxacente, almacén e aseos; na planta primeira (269 m2) hemeroteca, sala de ordenadores, recepción e zona de préstamo infantil e xuvenil; na segunda (272 m2) zona de préstamo para adultos e na terceira (235m2), zona de estudio que se comunica a dobre altura coa zona de préstamos do nivel inferior. A cuberta está deseñada como unha terraza onde poder desenvolver actos.

O mobiliario destaca por ser de liñas puras e deseño atemporal, en tons neutros e fabricado en materiais de alta calidade que lle outorgan resistencia e durabilidade.

Relacionadas

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Seis alcaldes asinan, no Castelo de Soutomaior, o convenio de Protección Civil Oitavén –...

0
A nova agrupación de Protección Civil Oitavén -Tea, con base en Soutomaior e en Mondariz, é a agrupación máis grande de toda Galicia. Esta mañá,...

Luis López defende o uso do galego como vehículo de unión, identificación e defensa...

0
O vestíbulo do Pazo provincial foi escenario dun recital de poemas e textos de Luisa Villalta como homenaxe á autora á que se lle...

Mos racha co idadismo e vólcase en iniciativas interxeracionais

0
O alumnado dos CEIPs do municipio participa en actividades no Centro de Día de Torroso Con motivo da celebración do primeiro aniversario do Centro de...

A Eurocidade Tui-Valença será sede do I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de...

0
Celebrarase o luns 27 e martes 28 de maio contando con conferencias e exposicións de medios A Eurocidade Tui-Valença e o SinFAP, Sindicato Portugués de...

Publicacións Relacionadas